EXPOSICIÓN INTERACTIVA «FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, TESOURO DE LEMBRANZA»
TIPOLOXÍA: | Exposición |
ORGANIZADO POR: | Concello de A Bola |
LUGAR: | Edificio Biblioteca municipal, planta baixa |
DATAS: | Do 9 ao 31 de maio de 2022 |
HORARIO: | 09:00-14:00 h. (os días 10, 12, 24 e 26 de 15:00 a 20:00) |
DATA LÍMITE INSCRIPCIÓNS: | |
PREZO: | Gratuíto |
MODALIDADE: | Presencial |
DESCRICIÓN: | Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o concello de A Bola ofrecerá á veciñanza unha exposición interactiva sobre o autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, e tamén actividades que misturarán as novas tecnoloxías con xogos para coñecer un pouco máis a este escritor. |
DIRIXIDO A: | |
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: | |
REQUISITOS DE ACCESO: | |
MÁIS INFORMACIÓN: | https://concelloabola.gal/actividades-letras-gaelgas-2022 |
EXPOSICIÓN ‘PUNTO E SEGUIDO’ NO HOSPITAL DO SALNÉS
TIPOLOXÍA: | Exposición de fotografía |
ORGANIZADO POR: | FEGADACE |
LUGAR: | Hospital do Salnés (Vilagarcía de Arousa) |
DATAS: | Do 16 ao 30 de maio de 2022 |
HORARIO: | Aberto 24 horas (horario do hospital) |
DATA LÍMITE INSCRIPCIÓNS: | Non se precisa inscrición |
PREZO: | Gratuíto |
MODALIDADE: | Presencial |
DESCRICIÓN: | As fotografías que compoñen a mostra, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións que forman parte da Federación Galega de Dano Cerebral. Nas imaxes, protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, amósase a súa vida cotiá, as actividades que realizan ou a súa convivencia, é dicir, a vida despois do “punto e seguido” tras un ictus, un traumatismo cranioencefálico, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido. |
DIRIXIDO A: | Poboación xeral, todo tipo de público |
REQUISITOS DE ACCESO: | Acceso libre |
MÁIS INFORMACIÓN: | https://www.fegadace.org/o-hospital-do-salnes-acolle-a-mostra-punto-e-seguido-do-16-ao-30-de-maio-gal.html |
CONFERENCIA «DEMASIADO (IN) HUMANOS: OS ZOOLÓXICOS HUMANOS»
TIPOLOXÍA: | Exposición de fotografía |
ORGANIZADO POR: | Ateneo de Ourense |
LUGAR: | Ateneo de Ourense: Rúa do Progreso, 30. 32003 Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel |
DATAS: | Martes 31 de maio de 2022 |
HORARIO: | 19:30 h. |
DATA LÍMITE INSCRIPCIÓNS: | |
PREZO: | Gratuíto |
MODALIDADE: | Presencial |
DESCRICIÓN: | Presenta: José Mª Eguileta Franco, arqueólogo do Concello de Ourense e académico numerario da Academia Galega de Belas Artes. Os zoolóxicos humanos son unha das diversas tipoloxías utilizadas ao longo dos séculos XVIII – XX en todo o mundo “civilizado” con diversas finalidades. A principal era a mostra pública de “xentes salvaxes” e viaxar aos territorios colonizados, de onde os “espécimes” máis rechamantes eran enviados a Europa para ser exhibidos e apreciados polo pobo, lexitimar ás diferentes expedicións e poder así proseguir coas súas campañas. Abordarase a cuestión da prohibición destas exhibicións e a súa conseguinte adaptación. |
DIRIXIDO A: | |
REQUISITOS DE ACCESO: | Acceso libre ata completar aforo |
MÁIS INFORMACIÓN: | Ateneo de Ourense: Rúa do Progreso, 30. 32003 Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel / 988.372.075 / ateneo.deourense@gmail.com https://www.facebook.com/AteneodeOurense/ |