ASSEII. Asociación Sociosanitaria de Enfermedades Inflamatorias Intestinales y Ostomizados
CAMPAÑA CAMBIADORES INCLUSIVOS
A Asociación Cambiadores Inclusivos reúnese con Representantes de diversas entidades de Pontevedra ( Amencer-Aspace, Assei, Asem, Cogami), un representante do Concello de Pontevedra ( Marcos Rey) e unha representante da Deputación provincial ( Olga García) para valorar a creación de aseos 100% accesibles
___________________________________________________
ASOCIACIÓN VIDA DIGNA
Está preparando unha viaxe solidaria coa intención de transportar á cidade de Przemysl (Polonia), fronteira con Ucrania, material de primeira necesidade, hixienicosanitario, textil e alimentación.
Máis información:
986.417.931 / 622.426.835
– Asociacións de empresarios/as
– Federacións de asociacións de empresarios/as
___________________________________________________
O ATENEO DE OURENSE COLABORA COA CAMPAÑA «APOIAMOS A UCRAÍNA»
No Ateneo de Ourense pode mercarse o cartel realizado por Baldomero Moreiras coa técnica de “colaxe” sobre papel (49 cm X 70 cm), editado polo Concello de Celanova e asinado en orixinal polo autor. O seu importe é de 50 €, que serán entregados íntegros á Cruz Vermella en Celanova para axuda do pobo ucraíno.
O cartel pódese adquirir na sede temporal do Ateneo de Ourense: c/ Progreso, 30. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense (horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
___________________________________________________
O CONCELLO DE SOBER PORÁ A DISPOSICIÓN DOS REFUXIADOS/AS UCRAÍNOS TODAS AS PRAZAS DAS VIVENDAS MUNICIPAIS E DO ALBERGUE
Ademais, as persoas que desexen participar no acollemento poden facelo por dúas vías:
• Vivendas desocupadas que desexen poñer a disposición das persoas refuxiadas.
• Vivendas habitadas que desexen compartir coas persoas refuxiadas.
Contacto: Servizos Sociais do Concello de Sober ou no teléfono 982.460.513
___________________________________________________