O CONCELLO DE SOBER. Os homes serán os protagonistas na nova exposición do Concello de Sober sobre igualdade
É necesario que os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo.
Estes mandatos non lles deixan espazo para realizarse a eles mesmos, pois indícanlle como teñen que ser e como han de actuar, cadeas inxustas que os envolven limitando a súa existencia, dificultándolles, tamén, ter relacións xustas e igualitarias coas mulleres.
Dende o Concello de Sober, queremos reflexionar sobre a necesidade de deconstrucción do modelo de masculinidade dominante, e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos máis libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como "normal".
Por elo, por medio dunha exposición fotográfica, queremos executar unha autocrítica cara esta masculinidade.
Solicitamos, pois, a participación daqueles homes que, de forma voluntaria, desexen amosarse rompendo coas restricións, sendo e actuando libremente. Destruamos as cadeas que nos cohiben e nos limitan a favor dun cambio social necesario.
