Desde a OMIX de Tomiño. Oficina Municipal de Información Juvenil del Ayuntamiento de Tomiño buscan familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.
Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/ás adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida, e, polo tanto, que non reincidan nos
mesmos feitos, comportamentos e actitudes.
QUE REQUISITOS?
Partimos duns requisitos mínimos como ser maior de idade, despoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto
grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade,...
Valoramos positivamente a formación con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes
temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico...
QUE OFRECEMOS?
Formación grupal e individual, e asesoramento.
Acompañamento de profesionais.
Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.
