CURSO "INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS"

TÍTULO: CURSO "INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS"
TIPOLOXÍA: Curso
ORGANIZADO POR: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
LUGAR: Casa das Mulleres de Vigo (Rúa Romil, 20. Vigo)
DATAS: Do 20 de febreiro ata o 30 de abril de 2024 (agás o 26 de marzo)
HORARIO: Os martes, de 19:00 a 20:30 h.
PREZO: Gratuíto
MODALIDADE: Presencial 
DESCRICIÓN: - DESCRICIÓN:
Pretendese ofrecer unha aprendizaxe motivada, directa e sinxela, aplicada á realidade e á actualidade do debate feminista. Unha aprendizaxe teórica que nos sirva no noso día a día para entender o mundo e as nosas vivenzas neste.
- CONTIDOS:
· Módulo 1. Os comezos: Introdución: dende onde falamos?, achegamento ao marco teórico conceptual, feminismo ou feminismos?, o feminismo pre-moderno, a querelle des femmes: Christine de Pizan
· Módulo 2. Primeira onda: O feminismo ilustrado, Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft, primeiros feminismos en América Latina e o Caribe.
· Módulo 3. Segunda onda: sufraxismo anglosaxón, o sufraxio feminino no estado español, feminismo socialista e anarquista.
· Módulo 4. Terceira onda: feminismo da igualdade e feminismo da diferenza, feminismo liberal e feminismo radical, feminismos negros, ecofeminismo, feminismo decolonial/poscolonial.
· Módulo 5. Cuarta onda: feminismo e posmodernidade (Judith Butler e as teorías queer), feminismo multiculturalista, feminismo en Latinoamérica, feminismo no mundo árabe. Marco internacional dos dereitos: ONU.
- FORMADORAS:
Priscila Retamozo Ramos e Cristina Louzán García.
DIRIXIDO A: Mulleres e homes maiores de 18 anos.
INSCRICIÓN: file:///C:/Users/sscro/Downloads/ficha%20de%20inscrici%C3%B3n%20xeral.pdf
MÁIS INFORMACIÓN: - Casa das Mulleres (Rúa Romil, 20. Vigo). Luns a venres: 17:30-21:30 h.
986.442.194   /   casadasmulleres@vigo.org
- Concellería de Igualdade (Praza do Rei 1, 1º. Vigo). Luns a venres: 9:00-13:30 h.
986.810.284   /   ofi.muller@vigo.org
 

vigo

Volver atrás