CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA DO Día DAS LETRAS GALEGAS 2025

TÍTULO: CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA DO Día DAS LETRAS GALEGAS 2025
TIPOLOXÍA: Concurso
ORGANIZADO POR: OMIX Concello Tomiño
DATAS: Podedes enviar as vosas propostas ata o 1 de maio de 2025
PREZO: Gratuíto
DESCRICIÓN:

A OMIX de Tomiño conmemora o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor do galego e da literatura galega cunha nova edición deste concurso.
BASES: O deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta. Terá que ser dunha soa cor, para estampar sobre fondo branco.  O dito deseño será libre e aberto e valorarase que sexa atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e a normalización do galego. A nosa intención é plasmar NUNHA FRASE e/ou NUN DESEÑO GRÁFICO // DEBUXO dixitalizado 👉algo que defenda ou poña en valor a nosa lingua; O GALEGO. Só serán aceptadas ao concurso as frases escritas integramente en lingua galega.
TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPEN e envíen as súas creacións serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta contará coa difusión da súa ilustración tanto nas redes sociais como nos diferentes medios de comunicación.

MÁIS INFORMACIÓN: OMIX de Tomiño:  Praza do Seixo, 1.  36740 Tomiño
604.062.369   /   omix@tomino.gal
https://tomino.gal/
https://es-es.facebook.com/omix.tomino
 

concurso

Volver atrás