GRUPO DE AXUDA MUTUA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

TÍTULO: GRUPO DE AXUDA MUTUA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
TIPOLOXÍA: Grupo autoaxuda
ORGANIZADO POR: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
LUGAR: Casa das Mulleres (r/ Romil, 20. Vigo)
DATAS: Do 15 de febreiro ata o 14 de xuño de 2023 (agás 5 de abril e 17 de maio por festividades)
HORARIO: Os mércores de 18:30 a 20:30 h.
DURACIÓN: 32 horas en 16 sesións
PREZO: Gratuíto
MODALIDADE: Presencial 
DESCRICIÓN: DESCRICIÓN:
Este espazo permite o desenvolvemento de habilidades sociais e á súa vez mellora a calidade de vida de quen o integra, coa finalidade de que as mulleres se empoderen cos recursos psicolóxicos brindados e así poidan identificar e afrontar todas aquelas situacións de violencia que se lles presenten.
METODOLOXÍA:
- Trabállase nun clima de grupo de aceptación, respecto, confidencialidade e libre de xuízos. Condicións que se traballan en cada sesión.
- A dinámica desenvólvese nun proceso paulatino de profundidade crecente, o proceso condúcese de forma gradual.
- O grupo é pechado; unha vez que inicia continuará coas mesmas integrantes, non permitindo o ingreso de novas participantes.
- Cada sesión ten os seus propios obxectivos e actividades de acordo a eles, pero tamén tomando en conta ás participantes.
DIRIXIDO A: Mulleres e homes maiores de 18 anos que estén ou estiveran en situación de violencia de xénero.
INSCRICIÓN: Necesaria Inscrición previa:
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=525
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
MÁIS INFORMACIÓN: Casa das Mulleres
Rúa Romil, 20. Vigo  /  986.442.194  /  casadasmulleres@vigo.org
http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=525
 

casa_das_mulleres

Volver atrás