LUGAR PROPIO (dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos)

TÍTULO: LUGAR PROPIO (dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos)
TIPOLOXÍA: Encontro informativo
ORGANIZADO POR: SOS Racismo Galicia
LUGAR: on-line
DATAS: Xoves 10 de setembro de 2026
HORARIO: 18:00-19:30 h.
PREZO: Gratuíto
MODALIDADE: Telemática
DESCRICIÓN:

Desde SOS Racismo Galicia están poñendo en marcha Lugar Propio, unha nova actividade dentro do programa Somos Aquí no Concello da Coruña.
Lugar Propio é un espazo dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos que estean creando algo ou teñan unha idea que lles gustaría impulsar.
Buscan perfís moi diversos: persoas cun emprendemento, unha tenda ou pequena marca, un proxecto artístico ou creativo, unha iniciativa cultural, social ou comunitaria... pero tamén persoas que aínda estean dando forma a unha idea e queiran comezar a desenvolvela.
A proposta busca crear un espazo onde poidan coñecerse entre iguais, compartir os seus proxectos e ideas, intercambiar coñecementos e recursos, crear redes e atopar posibles colaboracións.

DIRIXIDO A: Persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos que estean creando algo ou teñan unha idea que lles gustaría impulsar.
INSCRICIÓN: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMpvO2Ei4cb4Xiubi9fiUrTBmtyEV…
MÁIS INFORMACIÓN: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMpvO2Ei4cb4Xiubi9fiUrTBmtyEV…
 

sos

Volver atrás