Para que usaríades o espazo de Cerqueira?

A A.S.C. de Bandourrío está a preguntar a distintas asociacións e colectivos aos que pensan que lle podería ser de utilidade o espazo de Cerqueira en algunha ocasión.

O que queren é que a antiga fábrica de Cerqueira se convirta nun Pabellón Multiusos e que se comecen os tramites por parte do concello, non é unha afronta senón que o fan para que non quede parado e se deteriore agardando a unha subvención que limite o seu uso.

Cando falan dun Pabellón Multiusos en Cerqueiras, falan precisamente diso: de crear un espazo capaz de adaptarse ás necesidades da xente. Un lugar para a cultura, a formación, as asociacións, os nosos maiores, a infancia e a mocidade. Un lugar para facer obradoiros, cursos, charlas, exposicións, mercados, encontros, actividades, actuacións, comidas populares... Pero, sobre todo, un lugar vivo durante todo o ano.

Cerqueiras ofrece unha oportunidade para toda Ribeira e os que forman o entramado asociativo e non sempre atopan un sitio para as diversas actividades que organizan.

E agora queremos escoitarvos:

PARA QUE USARÍADES CERQUEIRAS?

Cantos máis ideas presentemos e xente representemos máis forte será a nosa voz.

 

Tamén recollen apoios en change.org:

https://c.org/QGqLnjGJZw