Programa Integrado de Emprego AFAGA 2025/2026 (Baiona)

 TÍTULO: Programa Integrado de Emprego AFAGA 2025/2026 (Baiona)
TIPOLOXÍA: Curso
ORGANIZADO POR: AFAGA. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia
LUGAR: Baiona (outras localizacións: Vigo e Pontevedra)
DATA: De novembro ata outubro 2026
MODALIDADE: Presencial
DESCRICIÓN: Trátase dun Programa para mellorar a empregabilidade e inserción laboral dun centenar de demandantes de emprego da provincia de Pontevedra, e conseguir que polo menos un 46% asine un contrato de traballo no 2026.
As persoas participantes recibirán orientación laboral individual e grupal, formación transversal en TIC, coaching e mentoring, realizarán obradoiros de procura activa de emprego, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e formación en itinerarios personalizados en sectores estratéxicos, así como realizarán prácticas non laborais.
Os itinerarios dispoñibles son:
- Loxística industrial
- Servizos socioculturais
- Sociosanitario
- Industrias TIC.
PREZO: Gratuíto
DIRIXIDO A: Mulleres, persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, persoas migrantes cunha autorización de residencia por arraigamento socioformativo e a menores de 30 anos.
MÁIS INFORMACIÓN: 674.222.196 - 653.392.606   /   orientacion@afaga.com
 

curso

Volver atrás