Un grupo de estudantes da EMAV (Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona) están desenvolvendo o seu proxecto final de grao: unha curtametraxe titulada "As Nosas Flores". Esta obra busca visibilizar problemáticas como o Alzheimer e o seu impacto nas persoas e as súas familias, explicándolles desde unha narrativa emocional e profundamente humana.
A historia segue a Carmiña, unha muller maior que enfronta os primeiros síntomas do Alzheimer nun pobo galego deshabitado, mentras intenta preservar os seus recordos e tradicións. A través da súa vida, exploran a importancia da memoria, a conexión entre xeracións e a loita por manter viva a identidade fronte a esta enfermidade devastadora.
Este grupo de estudantes invitan a colaborar con eles, xa sexa mediante financiación ou aportacións loxísticas, para axudarlles a dar vida a esta historia. A cambio, ofrecen visibilizar ás organizacións colaboradoras nos créditos da curtametraxe e promover o seu nome en preestrenos, festivais de cine e plataformas dixitais.
EQUIPO AS NOSAS FLORES:
Correo electrónico: asnosasfloresmp@gmail.com
Teléfono: 640.353.705