Exposición CERÚLEO (Elena Uzal)

TÍTULO: Exposición CERÚLEO (Elena Uzal)
TIPOLOXÍA: Exposición pintura
ORGANIZADO POR: Ateneo Santa Cecilia
LUGAR: Sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia (Marín)
DATAS: Desde o 10 ata o 31 de maio de 2024.
Inauguración o 10 de maio de 2024, ás 20:00 h.
DESCRICIÓN: ELENA UZAL, debuxar o que esta mais alá.
A arte sirve para explicar o sorprendente. Explicar como miramos o interpretamos un obxecto, unha paisaxe ou simplemente un concepto. Elena Uzal é unha artista que intenta transmitirnos o seu interior. Trata cos seus debuxos coloreados de achegarnos a unha realidade aparente e a vez invisible.
Esta é unha das súas primeiras mostras e xa ten un dominio da mirada e da composición moi grande. Tamén ten como é normal unha profunda preocupación pola técnica.
Elena Uzal ten esa virtude da humildade. Esa percura da sinxeleza. A pintura ten sempre unha carga terapéutica. Na nosa artista pintar ten tamén
moito de terapia. Elena Uzal nos propón nesta mostra unha serie de temas cunha perspectiva de xénero evidente nalgunha obras. Una sensibilidade evidente.
Comeza no ano 2019 dun xeito autodidacta facendo moitos debuxos en diversas técnicas ata que atopa a acuarela onde se sinte como na casa. Recentemente ilustrou un libro.
PREZO: Gratuíto
MÁIS INFORMACIÓN: Ateneo Santa Cecilia:
Rúa do Forno, 42, baixo. 36900 Marín (Pontevedra)  
698.171.276   /   986.880.283 / ateneosmarin@hotmail.com
https://www.facebook.com/AteneoSantaCeciliaMarin/
 

cecilia

Volver atrás